A “Nao Victoria” recalará no porto deportivo Juan Carlos I a próxima fin de semana con entradas ao buque gratuítas

 

A Nao Victoria recalará, por segunda vez, no porto deportivo Juan Carlos I a próxima fin de semana con entradas ao buque gratuítas, en horario de 10 a 19 horas. Construída para a Exposición Universal de Sevilla (1992), o seu porto de orixe, a Nao Victoria é a única réplica do barco orixinal que, ata a data, completou unha volta ao mundo. A construción comezou en marzo de 1991 en Isla Cristina (Huelva). O seu deseñador e construtor foi Ignacio Fernández Vial, que tras un exhaustivo estudo histórico trazou fielmente as súas formas e detalles. Durante oito meses, carpinteiros de ribeira e enxeñeiros traballaron na súa construción seguindo un máximo rigor histórico.