A Deputación de Lugo apoia a celebración da segunda edición do Portomarín BeerFest

 

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este sábado á segunda edición do Portomarín BeerFest, que conta co apoio da institución provincial a través dunha achega económica de 2.500€ para a organización e difusión do evento. José Tomé destacou que citas coma esta permiten “revitalizar o turismo e impulsar a economía dos municipios da nosa provincia, achegando novas experiencias e aumentando a capacidade de atraer visitantes”. Durante toda a fin de semana os asistentes puideron catar ata 60 tipos de cervexas artesanais diferentes, coa presenza de marcas a nivel nacional e internacional.