Á vista unha nova edición do Rali do Cocido

 

A Deputación de Pontevedra acolleu a presentación da XXVIIª edición do Rali do Cocido, que se disputará esta fin de semana na comarca de Deza co apoio da institución provincial a través das axudas para a organización de campionatos, eventos e actividades deportivas.

O deputado provincial Manuel González presentou a proba acompañado do presidente e o vogal da Escudaría Lalín-Deza, Mateo Varela e David Cerdeira, e outras integrantes da escudaría. O deputado Manuel González lembrou que “esta proba permite gozar do deporte, da natureza e da gastronomía” e salientou “o gran labor que realizou a Escudaría Lalín-Deza durante todo o ano para a promoción do deporte e da provincia de Pontevedra”, así como a “gran repercusión” que acada esta proba.