Venres de Paixón con requeixo e mel nas Neves


A localidade miñota pontevedresa das Neves celebra a Feira do Requeixo e do Mel o Venres e Sábado Santo como ven sendo tradicional. Declarada Festa de Galicia de Interese Turístico é cita de referencia no Venrres de Paixón. O pregoeiuro deste ano é o xornalista televisivo pontevedrés, Xabier Fortes.

As Neves, que ten polo norte a serra da Paradanta e o Miño polo sur, máis alá de disfrutar do requeixo e do mel, de lamprea en tempada nalgún dos seus restaurantes, é un lugar ideal para difrutar da natureza. Citamos para referenza do viaxeiro ilustrado a Chan da Besada, a Lagoa de Medáns ou a Fervenza e Muiño da Ceña, onde o Río Xuliana desemboca no Miño en forma de cascada.

Dispón de áreas recreativas e praias fluviais para o lecer: Santa Mariña, Porto Maior, Guláns e Da Ceña, Porto Maior... De interés para o visitante son tamén as esculturas de Redondelo, os xacementos arqueolóxicos de Portomaior, Coto dos Castros e Castro de Altamira, así como os muiños do río Xuliana que, no tramo dende o seu nascemento á Poza do Souto, recibe o nome de regueiro de Pé da Cabeza. Tráse dun sendeiro con 13 muiños.