Santiago estuda impoñer unha taxa turística

 


O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, mantiveron esta mañá un encontro cos representantes da Unión Hotelera Compostela, Hostalaria.gal e a Asociación de Hostelaría Compostela para presentarlles o "Informe sobre a creación dunha taxa turística para un turismo máis sostible en Santiago de Compostela", elaborado polo catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da USC César García Novoa, que tamén estivo presente na reunión.
Tras o encontro, o alcalde valorou positivamente esta "primeira reunión de traballo" xa que "en xeral, maioritariamente se entende que é necesario e positivo que o turismo contribúa vía impositiva ao mantemento da cidade" e hai consenso en contar "cun procedemento o máis seguro e simplificado posible desde o punto de vista da súa tramitación e o máis equilibrado posible en canto á distribución da contía entre os diferentes tipos de establecementos".