Recoñecemento á organización da Feira do Queixo de San Simón

 

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, xunto á Alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, participou este sábado no pregón da Feira do Queixo de San Simón, a cargo da produtora da película de animación Valentina, María Barro. García Pernas felicitou ao Concello, ao Consello Regulador e aos produtores polo seu traballo. “O queixo de San Simón é un exemplo das cadeas de valor que se establecen no noso sector primario, e que xeran riqueza e emprego na provincia”, destacou. No acto tamén participaron a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, entre outras autoridades, e numerosos veciños e veciñas.