Portonovo celebra a Festa da raia do 29 de abril ao 1 de maio

 


Un tributo á cociña e produto con selo portonovés. Ese é o obxectivo de "PORTONOVO GASTRONÓMICO. FESTA DA RAIA 2023" que se celebrará o 29, 30 de abril e 1 de maio na vila de Portonovo.

Máis dunha vintena de locais participarán nunha festa na que música e a animación na rúa fundiranse coas propostas gastronómicas dos locais. A rúa Rafael Picó e a Rúa dos Viños converteranse no epicentro de degustación dos distintos produtos do mar con máis de 40 tapas realizadas especialmente para a cita. Ademais, unha exposición fotográfica, "Portonovo, vila mariñeira", cun total de 60 imaxes, dará a benvida á cita ao longo da avenida Rafael Picó. A mostra está asinada pola Asociación Ollares de Portonovo.