Ourense converterase do 20 ao 23 de abril no eixo dos camiños de Santiago co XIII Congreso Internacional de Asociacións Xacobeas

 

Ourense converterase do 20 ao 23 de abril no eixo dos camiños de Santiago coa celebración do XIII Congreso Internacional de Asociacións Xacobeas que, patrocinado pola Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, reunirá na capital a 225 persoas procedentes de 43 asociacións xacobeas de 12 países.

O programa do encontro, que ao longo das catro xornadas contará con 4 mesas redondas, 8 conferencias e 19 ponentes, foi presentado no Pazo Provincial coa presenza do vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández; e os presidentes da Asociación Cultural Amigos do Camiño Mozárabe-Vía da Plata Ourense, José Luis Rodríguez Cid -como entidade organizadora-; e da comisión organizadora do propio congreso, José Antonio Quintas.