Ourense acolle o XIII Congreso Internacional de Asociaciones Jacobeas

 

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participou esta tarde no Liceo de Ourense na recepción oficial aos participantes no congreso "Camiños de Santiago, camiños culturais; unha mirada a Europa", que se celebra ata o domingo 23 de abril organizado pola Asociación Cultural Amigos do Camiño Mozárabe-Vía da Plata Ourense e o apoio da Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia.

Na súa intervención, Manuel Baltar resaltou o nivel da programación deste congreso, que reúne en Ourense a 225 persoas procedentes de 43 asociacións xacobeas de 12 países, e abrangue un programa con 4 mesas redondas, 8 conferencias e 19 ponentes.

O presidente da Deputación incidiu no peso específico da Vía da Plata como eixo de desenvolvemento de territorio, resaltando o "máximo compromiso" do goberno provincial coa potenciación do Camiño de Santiago.