O xurado que avaliará os 14 proxectos que optan a deseñar o novo mercado de Santa Lucía, na Coruña, reunirase o vindeiro venres 28 de abril

 

O xurado que determinará a proposta gañadora do concurso de ideas convocado para rehabilitar o mercado de Santa Lucía, na Coruña, reunirase, en primeira instancia, o vindeiro venres 28 de abril.

Os proxectos que toman parte na convocatoria, un total de 14, optan a redactar o proxecto de reforma e rehabilitación do mercado, situado no barrio da Falperra. A intervención, que contará cun investimento de 3 millóns de euros por parte do Concello, prevé unha remodelación da instalación para que funcione posteriormente como centro cívico, centro de saúde e tamén como mercado -reserváronse 400 metros cadrados do inmoble para este uso específico-.