O programa Ganapán regresa ao Mercado de Pontevedra con torta de máza e pound cake de limón

 

Rapaces e rapazas de entre 4 e 10 anos encherán o Gastroespazo do Mercado de Abastos de suculentos doces e moita diversión, o vindeiro sábado 22 e o domingo 23 de abril, nunha nova fin de semana de propostas lúdicas organizadas no marco do programa O Ganapán. Os participantes que se inscriban nestes obradoiros terán ocasión de aprender a elaborar a torta de mazá e noces así como un pound cake de limón.