O Portomarín BeerFest reúne esta fin de semana a milleiros de persoas en torno ao mundo cerveceiro

 

A organización do Portomarín BeerFest, Manuel Pombo, e representantes da Deputación, ente colaborador, presentaron este luns no Pazo de San Marcos a segunda edición desta feira, que se celebrará esta fin de semana na Praza do Camiño da localidade coa colaboración un ano máis da institución provincial, que achega un importe económico de preto de 2.500€ para a organización e difusión do evento. 

Rivera Capón felicitou á organización por impulsar esta iniciativa que “reunirá en Portomarín esta fin de semana a milleiros de persoas en torno ao mundo cervexeiro, un mercado en auxe que cada vez gaña máis adeptos e no que fábricas ofrecen cada ano maior calidade nos seus produtos”. Este tipo de eventos, sinalou o deputado, “encaixan á perfección co modelo de turismo que promovemos dende a Deputación, un turismo sostible, de calidade, de experiencias e con capacidade de atraer visitantes durante todo o ano, que pon en valor o patrimonio cultural e paisaxístico da provincia”