O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade e Paradores presenta a súa oferta turística no Porto

 

O Grupo presentou a oferta turística e cultural das 15 cidades nunha acción conxunta con Turespaña e Paradores. O presidente do Grupo e alcalde de San Cristóbal de la Laguna, Luís Yeray Gutiérrez, destaca que "España manterase como destino internacional preferente para os portugueses no verán 2023".

As 15 Cidades Patrimonio da Humanidade e Paradores presentaron a súa oferta turística no Porto. O centro de congresos Alfândega do Porto acolleu o acto ao que asistiron 60 invitados do sector profesional do turismo, como turoperadores, axencias e medios especializados, seleccionados pola Consellería de Turismo da Embaixada. Esta acción está organizada en colaboración con Turespaña, a través da Oficina Española de Turismo en Lisboa, e enmárcase dentro do plan anual conxunto con Paradores.