O goberno vigués presenta o proxecto para a mellora do comercio e turismo de Bouzas

 

O Concello aprobou en Xunta de Goberno a participación na convocatoria do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para o fortalecemento da actividade comercial e turística cun proxecto no ámbito do paseo de Bouzas. Esta convocatoria está enmarcada no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado cos fondos europeos Next Generation EU. “É unha forma de relanzar Bouzas, de fomentar a actividade económica e o ocio cunha solicitude de 1.500.000 euros”, deu conta o alcalde, Abel Caballero.