O Festival de La Luz volve a Boimorto en agosto

 

O Festival da Luz celebrarase este ano os días 25, 26 e 27 de agosto en Boimorto e contará con importantes novidades no seu formato, como a incorporación dunha área destinada ao circo. Trátase dunha cita de recoñecido prestixio e que atrae á vila cada ano centos de visitantes.

O evento conta co apoio da Deputación da Coruña, que que instala cada ano no recinto o seu Mercado de promoción de produtos locais.

No cartel musical desta nova edición destaca a presenza de Luar na Lubre, Lady Banana, Volvoreta, Ona Mafalda, Ramoncín, Mr Fishman, Rayden ou Herediros da Crus, entre outros.