O Centro de Interpretación Terras do Miño acolle un taller da UNED de Lugo sobre cultivos ecolóxicos e sustentabilidade

 

O Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, participou onte no taller de sustentabilidade e cultivos ecolóxicos organizado polo Consorcio do Centro Asociado da UNED de Lugo que tivo lugar no Centro de Interpretación Terras do Miño, titularidade da Deputación de Lugo. Trátase dunha formación práctica impartida polo enxeñeiro de montes Juan Carlos Llamazares para optimizar recursos de produción ecolóxica, protección do solo e da biodiversidade. Ten como obxectivo garantir alimentos máis saudables e obter unha maior rendibilidade.