Maio levará a lugo unha nova edición de Expomar

A Feira Monagráfica Naútico-Pesqueira Expomar, que se celebrará do 10 ao 13 de maio na localidade mariñá.

A cita, impulsada pola Fundación Expomar, conta coa colaboración económica da Deputación de Lugo, “dentro do firme compromiso” da institución “coa Mariña e coa defensa da pesca na comarca. Da pesca como actividade comercial que xera unha importante aportación ó Produto Interior Bruto da nosa provincia, e tamén da pesca como un valor sociocultural, que representa un estilo de vida e de relación co territorio”. Fixo fincapé a Deputada en que “a pesca é gastronomía, cultura, tradicións e un patrimonio etnolóxico de primeiro nivel, que forma parte dos sinais de identidade da Mariña, e que temos que preservar e potenciar no futuro”.