Gran éxito das rutas das maceiras en flor en Pontevedra

 

Tras abrir as reservas o pasado venres, a Deputación de Pontevedra vén de colgar o cartel de ‘completo’ para participar na nova edición das rutas das maceiras en flor, renovando así a grande acollida e expectación que suscitan ano tras ano. Deste xeito, en só tres días esgotáronse todas as 160 prazas dispoñibles para participar na actividade, 40 por cada unha das catro quendas organizadas entre o sábado 29 de abril, o domingo 30 de abril e mailo luns 1 de maio en lagares singulares da comarca de Tabeirós-Terra de Montes. Ademais, na actualidade as rutas xa contan cunha lista de agarda de máis de 100 persoas interesadas en coñecer a beleza destas especies neste momento do ano.

Nas rutas das maceiras en flor as persoas participantes gozarán da floración das maceiras con todos os sentidos.