Feira do Viño en Quiroga, no reduto olivareiro galego


A Feira do Viño de Quiroga, que chega a súa cuadraxésimo primeira edición, celebrarase este fin de semana, os7, 8 e 9 de abril, é dicir de Venres Santo ao Domingo de Pascua, aínda que as actividades xa arrancaron o 26 de marzo co comezo do Concurso de Tapas e diversos actos relacionados coa Confraría do Viño de Quiroga. Participan 11 adegas da D.O. Ribeira Sacra e 4 doutras denominacións, entre elas Rías Baixas.

Segundo matiza o acalde quirogués, Julio Álvarez, a renovación da feira acometida na edición do ano pasado, consistente na profesionalización do certamen, permitiu a incorporación das adegas de toda a D.O. Ribeira Sacra que elaboran os seus viños con uvas vendimadas en Quiroga, que é o concello que ten a maior produción deste froito no ámeto de toda a denominación.

Por outra banda, e Feira do Viño segue a ser o mellor medio de promoción doutros productos típicos do concello, así como do patrimonio natural e cultural que atesoura Quiroga, Municipio de Interese Turístico que forma parte do Xeoparque Mundial da Unesco “Montañas do Courel”, atravesado polo Camiño de Inverno e reduto olivareiro galego.

Seguramente a principal novidade da edición deste 2023 sexa a xornada adicada á viticultura heróica o venres día 7 de abril protagonizada por viños canarios e da Ribeira Sacra, cunha conferencia do enbaixador de CERVIN, Manuel Capote, e un túnel de viños das illas afortunadas.

O día 8 terá lugar o Concurso de Camisetas “Feira do Viño 2023”, a inauguración da feira e o pregón a cargo de Carlos Sobera, actor, presentador televisivo e empresario. O día 9 será o momento da entrega de trofeos ós adegueiros do concello.