Éxito de participación na mostra de razas autóctonas de Arante

 

Arante acolleu este sábado a primeira mostra de razas autóctonas, organizada pola Asociación de Veciños coa colaboración de Medio Rural da Deputación de Lugo. Un evento novo no calendario das feiras e exposicións de gando da Mariña que tivo unha boa acollida por parte das gandeirías e da veciñanza da comarca.

Máis de medio cento de exemplares de razas bovinas autóctonas, ovella e cabra galega, galiña de Mos, cabalo de Pura Raza Galega e porco celta puideron verse no recinto gandeiro, punto central da xornada lúdica. Mónica Freire felicitou a Asociación de Veciños de Arante pola iniciativa, "que demostra o potencial da tradición gandeira como motor de dinamización económica e social”.