Excelentes datos de ocupación na Semana Santa en Galicia


A Confederación Galega de Empresarios de Hostalería e Turismo (Hostalería de Galicia), integrada polas asociacións provinciais de hostalería e turismo da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, informa dos datos de ocupación real destes días de Semana Santa na comunidade galega.A maior parte dos turistas que visitaron Galicia son de procedencia nacional.

Na Coruña a media rexistrada durante os festivos de Semana Santa foi do 85 %, chegando nalgúns establecementos ao 90-95 %. Na provincia de Lugo a media chegou ao 90 %, cunha ocupación media na zona sur (Ribeira Sacra) do 98 %, na cidade de Lugo do 84 % e na Mariña do 89 %.

Por outra parte, a ocupación media en Ourense roldou o 80 % e a media na provincia de Pontevedra alcanzou un 80 %, chegando en Vigo ao 85 %. Os días clave foron o xoves e o venres, alcanzando nalgúns casos o 100 % de ocupación neses días.