Encaixe de bolillos en Camariñas


Acaba de arrancar co acto inaugural unha nova edición da Mostra do Encaixe de Camariñas , que se prolongará ata o domingo con decenas de desfiles, grandes firmas, novos deseñadores, delegacións internacionais, artesanía e moita animación e actividades complementarias.

A entrada ao recinto, no pavillón polideportivo Víctor Vigo, custa 2 euros, e 3 se se compra conxuntamente cun pase a un desfile (senón, o desfile serían outros dous). Ademais, tamén hai dispoñible un bono para entrar ao recinto todos os días e acceder a un pase diario.