Distinción de calidade turística do SICTED para 115 empresas e servizos composteláns

 

A Casa das Asociacións de Cornes acolleu onte o acto de entrega das distincións do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino que en 2023 recoñecen a 115 empresas e servizos turísticos do concello. Santiago recibiu en Fitur o premio ao Mellor destino turístico Sicted de España deste ano 2023.

A Mesa de Calidade compostelá aprobou en novembro do ano pasado os informes de avaliación destas 115 empresas e servizos, que a súa vez foron posteriormente ratificados polo SICTED, para o que é preciso cumprir numerosos requirimentos en materia de organización, persoal, instalacións e equipamentos, comercialización, satisfacción do cliente, xestión medio ambiental e riscos laborais, entre outros.