Caballero: “As Illas Cíes necesitan da nosa protección e non imos parar ata lograr que ocupen o lugar que merecen”

 

O alcalde de Vigo achegouse ao Auditorio Mar de Vigo para participar na presentación comités de expertos encargados de seguir o traballo nas Illas Cíes para que sexan Geoparque Mundial da Unesco. Na súa intervención, O alcalde agradeceu a colaboración e o apoio a este proxecto aos representantes de ámbitos moi variados, desde a Universidade á empresa pasando polo Turismo, presentes no acto. “Isto mostra formas moi diversas de entender Vigo e outórganos unha riqueza excepcional na defensa das Illas Cíes”, afirmou. Caballero lembrou que o proxecto de lograr unha protección universal, un recoñecemento mundial, ao arquipélago comezou hai máis de 10 anos. “Cíes reúne con creces os requisitos para ser Patrimonio Mundial da Unesco, fixemos unha extraordinaria mobilización, pero a Xunta bloqueounos a nosa candidatura e presentou outra de forma clandestina e oculta que imposibilitou a nosa”.