Bea Martínez e Langarika poñen a música no Hotel Bela Fisterra

O Hotel Bela Fisterrta acole esta tarde, ás 19 horas, un concerto de Bea Mrtínez e Langarika. Neste proxecto instrumental a música tradicional galega xogará o papel protagonista. A arpa xogará co bouzouki a guitarra acústica ou a mandolina armonizando e interpretando algunhas das nossa máis fermosas melodías.

Un proxecto cargado de entusiasmo e sentimentoque leva o público a un viaxe de introspección e de fantasía. Portas que se abren e levan a outros tempos e lugares, tal como as nubes que impele o vento.

Beatriz Martínez é na actualidade unha das figuras máis relevantes no eido da arpa céltica. Aporta unha concepción moi novidosa no tratamento da música de tradición oral para arpa coa que se mistura cunha sensibilidade especial e un estilo absolutamente propio temas de composición orixinal.

Diego Langarika tamén forma parte de múltiples formación musicais como Sondeseu, ghaveta ou o trío de Bal Folk Obal co que graba Baile en Massó e Posotopía, traballo que combina coa súa faceta de luthier.