As linguas de gato e o biscoito marmolado protagonizarán unha nova fin de semana de Ganapán, en Pontevedra

 

O Gastroespazo do Mercado de Abastos de Pontevedra acollerá o sábado 15 e o domingo 16 de abril á rapazada de entre 4 e 10 anos nunha nova quenda de O Ganapán. A iniciativa de lecer infantil, promovida pola Concellería de Promoción Económica, dirixida por Yoya Blanco, traerá as galletas ‘linguas de gato’ xunto cunhas casiñas colgantes elaboradas con rolos de papel para a primeira xornada, e o biscoito marmolado e unhas tartarugas de madeira e la, para a segunda. As actividades levaranse a cabo entre as 11.30 e as 13.30 horas de ámbolos días da fin de semana.