A Xunta de Goberno aproba a licitación da reforma do Mercado de Abastos de Santiago

 

A Xunta de Goberno Local aprobou a licitación do "Proxecto básico e de execución da reforma da Praza de Abastos", que conta cun orzamento base de licitación de 518.710,53 euros, IVE engadido. O proxecto contempla actuar sobre as marquesiñas, os estores, as portas corredeiras, o cuarto de baño adaptado e a instalación eléctrica da torre central.

O Mercado de Abastos localízase nun inmoble de titularidade municipal, sobre o que se realizaron obras de remodelación contratadas pola Administración xeral do Estado (a través da Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo) á empresa TRAGSA, e que se executaron en 2014. Desde que remataron as estas obras, o edificio ven arrastrando unha serie de deficiencias recollidas no "Informe sobre o estado da Praza de Abastos de Santiago de Compostela".