A Semana Santa deixa un novo récord de recadación no parking Nauta de Sanxenxo

 

A elevada cifra de visitantes de Sanxenxo durante esta semana Santa traduciuse en cifras ata agora nunca logradas neste período vacacional para o parking público de Nauta situado no porto deportivo. En total recadáronse 26.188 euros e emitíronse 6.428 tickets. Os días de maior facturación foron o Xoves Santo, Venres Santo e o sábado, xornadas nas que se roldaron os 6.000 euros. A mellor Semana Santa en facturación ata o momento foi a de 2022 con 24.238 euros na que xa se superou a cifra de 2019, 20.198 euros.

Cabe lembrar que, ante a previsión de afluencia de visitantes, Nauta abreu tamén a planta de arriba como estacionamento con 200 prazas. A media diaria de tickets expendidos no interior foi de 918 e no exterior, de 142. En canto á permanencia media, roldou as dúas horas e media.