A Festa da Filloa de Muimenta celebra a súa XXXII edición o día 1 de maio

 

Muimenta, en Lugo, celebrará o día 1 de maio a XXXII edición da Festa da Filloa, unha cita que anualmente promociona a bondades deste postre galego.
A Festa foi presentada o sábado e contou coa participación do deputado de Participación Cidadá de Lugo, Roberto García Pernas, que manifestou que "se facer unha boa filloa é todo un arte, animar á xente a vir a saborealas nesta cita gastronómica é unha aposta por fomentar o turismo, xerar riqueza e por dar a coñecer a realidade do rural da nosa provincia, que está cheo de ideas e que se consolida, con festas coma esta, como un dos destinos turísticos favoritos do noso país".