A Deputación de Ourense colaborará co proxecto termal do grupo OCA en Allariz, incluíndo o futuro balneario no programa de Termalismo Social

 

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou o hotel Vila de Allariz, onde o grupo OCA vai desenvolver un proxecto termal para transformar as actuais instalacións nun balneario, iniciativa que está pendente do recoñecemento mineromedicinal das augas que afloran nos terreos deste complexo hoteleiro e que conta coa colaboración e respaldo do goberno provincial.

Manuel Baltar estivo acompañado esta mañá polo director do hotel, Maike Pazos, a deputada de Benestar e Reto Demográfico, Luz Doporto, e José Juan Cerdeira, director de Benestar -a área da Deputación que xestiona o programa de Termalismo Social-.

O presidente da Deputación manifestou en Allariz o seu compromiso á hora de impulsar "a cooperación público-privada co que sería o oitavo balneario da provincia, unha vez obteña as autorizacións administrativas correspondentes.