A Deputación da Coruña proporá ante a Asociación de Concellos do Xeoparque de Ortegal a recuperación do Carreiro do Plantío

 

A área de Turismo da Deputación da Coruña proporá ante a Asociación de Concellos do Xeoparque de Cabo Ortegal unha actuación encamiñada a recuperar e poñer en valor o Carreiro do Plantío. Este foi o principal acordo tomado nunha xuntanza mantida en Valdoviño entre o vicepresidente da institución provincial, Xosé Regueira, e representantes das dúas asociacións impulsoras do proxecto: a Asociación de turismo sostíbel de Galicia e a Asociación veciñal de Porto do Cabo –que inclúe veciñanza de Cerdido, Cedeira e Valdoviño-. Así, por parte da Asociación de turismo sostíbel de Galicia participou no encontro o presidente desta entidade, José Picallo, e por parte da Asociación veciñal de Porto do Cabo participaron membros da directiva dos tres concellos, Pedro Grandal de Cedeira, Francisco García de Cerdido e Sara Quintiá e Fernando Pita de Valdoviño.