O concelleiro de Turismo de Santiago, Sindo Guinarte, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, acolleron no Pazo de Raxoi a coñecida cómica, actriz e presentadora Sara Escudero para animar ao sector turístico da cidade a apuntarse ao programa Santiguau, co que Turismo de Santiago quere dirixirse a un segmento de turistas moi concreto de alto valor engadido, o das persoas que viaxan coas súas mascotas, e en particular cos seus cans.
Sara Escudero é a autora do libro "El CaNino de Santiago", un percorrido emocional xunto a súa cadela Nala a través do Camiño de Santiago.
Precisamente, nos días previos á rolda de prensa Sara Escudero percorreu de novo o Camiño de Santiago, nesta ocasión o Camiño Primitivo. Ademais, é unha persoa moi activa en redes sociais, onde conta con máis de 150.000 de seguidores nas súas contas.