A APTCM avanza nas liñas de traballo dos vindeiros meses



A directiva da Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM) mantivo nestes días unha xuntanza de traballo co responsable da Consultora Técnica contratada co obxectivo de establecer as liñas de traballo para os próximos meses. Neste encontro ao que asistiron membros a directiva da asociación tanto en presencial como por vídeoconferencia se debateron e acordaron as liñas de traballo base para encarar esta nova etapa, entre eles dar visibilidade o destino “Costa da Morte” e establecer metodoloxías de comunicación efectivas.

A base do traballo que se realizará será sustentado en catro grandes piares, a ordenación,a sustentabilidade, a Calidade e a profesionalidade empresarialsen obviar os elementos culturais e sociais da zona. Aspectos estes, que se desenvolverán en accións concretas por cada unha delas.

Outro dos temas que se trataron foi o de obter información mais en detalle por socio para poder ter unha “fotografía mais real da oferta do destino turístico para así poder adaptala ao mercado”. Esta información se vai a obter mediante modelos de enquisas adaptadas para cada un dos sectores que conforman a asociación. Unha vez que se realicen as enquisas se analizarán tratando os resultados que serán trasladados a totalidade dos socios.

Tamén se elaborará un documento de Liñas Estratéxicas que será presentado as diferentes administracións tanto locais, comarcais e autonómicas.

Unha das bases que poden mellorar o territorio e a de potenciar os produtos locais e de proximidade tanto da pesca como da agricultura e/ou gandeira así como poñer en valor e potenciar a cultura tradicional, o patrimonio e todos aqueles espazos naturais que ofrece o territorio.

A busca de financiamento tanto pública (convocatorias de fondos comunitarios etc) como privada (aportacións de socios etc) vai a ser tamén a tónica de traballo nestes primeiros meses para deste xeito poder dotar a asociación de “músculo económico” e así poder optar ao desenvolvemento de proxectos concretos que veñan a potenciar as liñas estratéxicas.

Deste xeito se contará con todas e cada unha das organizacións co obxectivo de elaborar propostas de traballo en base a proxectos tales como “custodia alimentaria” baseados na calidade e na certificación de produtos etc….. “ a unión entre os diferentes sectores debe ser a base para esta nova andaina “….” o sector produtivo e o sector turístico empresarial deben iniciar o proceso de camiñar xuntos", segundo sinala Pepe Formoso.