Vigo presenta o proxecto para a revitalización do casco histórico de Bouzas aos fondos europeos de Turismo

 

O Concello de Vigo concorre á convocatoria do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, enmarcada no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado cos fondos europeos Next Generation EU, co proxecto para a revitalización do casco histórico de Bouzas.

A Xunta de Goberno aprobou a participación de Vigo cunha solicitude de 2.032.000 euros para seguir catro eixos estratéxicos na súa acción no conxunto patrimonial e histórico de Bouzas: transición verde e sostible, mellora da eficiencia enerxética, competitividade e transición dixital.

Con todo, Abel Caballero detallou que o proxecto para o casco histórico de Bouzas inclúe a renaturalización do litoral “que conéctase coa obra que estamos a facer de recuperación coa creación de espazos verdes e plantación de especies autóctonas de arborado”. Tamén haberá un plan de residuos para os establecementos hostaleiros para a recollida de lixo “porta a porta”.