O alcalde participou no peche da xornada sobre xeopolítica e economía no contexto da nova globalización. Abel Caballero puxo de manifesto o avance de Vigo en cuestións tan importantes e globais como son a automoción, o naval, a pesca ou o turismo, como o propio Nadal: "Seguiremos facendo economía con orgullo", declarou no acto con empresas e representantes institucionais. Caballero tamén expuxo a importancia da colaboración público-privada, a colaboración institucional que ten a cidade co Goberno de España e uso dos fondos europeos para que Vigo siga avanzando na súa transformación.