Unha startup de solucións tecnolóxicas gandeiras será a segunda empresa en recibir apoio do fondo emprendedor do Concello de Lugo

 

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, deu a coñecer onte á segunda das empresas que contará co financiamento da Estratexia Lugo Transforma. Unha iniciativa pioneira posta en marcha durante a pandemia por impulso da rexedora co obxectivo de favorecer a diversificación industrial do municipio tomando como base a creación de emprego de calidade e estable.

Acompañada polo conselleiro delegado de Torsa Capital, Jesús Torres, e polo interventor municipal, Manuel Vázquez, Lara Méndez deu a benvida a Innogando como outra das beneficiarias deste fondo emprendedor.