Un convenio resalta as potencialidades de Lugo para converterse no centro de referencia do mundo romano en Galicia


A alcaldesa de Lugo e presidenta do Eixo Atlántico, Lara Méndez, e o Presidente de Turismo do Porto e Norte de Portugal (TPN), Luís Pedro Martins suman forzas para impulsar o turismo a través da firma dun convenio de colaboración entre ambas entidades que “visibilizará a riqueza patrimonial da Eurorrexión, e será unha oportunidade para potenciar Lugo como un destino de turismo sostible e de calidade” apuntaba Méndez.

Esta unión, vai ligada ca inmediata presentación de candidaturas a fondos europeos para iniciativas en materia turística ligadas á comercialización -feiras Expocidades, oficinas de turismo- , á promoción -Guía Turística e espazos virtuais-  e ao desenvolvemento de novos produtos culturais con futuro aproveitamento turístico -Vía Nova, Camiño dá Geira, Circuíto da Romanización-.