Seis federacións de municipios impulsan un proxecto europeo para potenciar os atractivos turísticos das zonas rurais con tradicións en perigo polo despoboamento
Responsables das federacións de municipios de Galicia, Andalucía, Canarias, Estremadura, Aragón e Valencia reuníronse en Zaragoza para impulsar o proxecto RETTURN, financiado cos fondos europeos Next Generation, que persegue innovar e transformar o concepto de “turismo rural” e céntrase en dar resposta a unha gran problemática como é a perda do patrimonio inmaterial xerado principalmente polo despoboamento das zonas rurais. Trátase de xerar novas experiencias centradas na posta en valor de tradicións rurais en perigo de extinción.
O patrimonio popular apícola existente nos dominios do oso pardo; a gandería de montaña, transhumancia, valores ambientais e uso da auga; e as pallozas e teitos de palla como símbolo de economía verde e circular son as tres tradicións seleccionadas pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), sobre as que se van a xerar experiencias turísticas de calidade e sostibles adaptadas ás diferentes realidades territoriais.