Sanxenxo adianta o balizamento nas praias da Panadeira, Silgar, Canelas e Caneliñas para Semana Santa

 

As praias de Panadeira, Silgar, Canelas e Caneliñas contarán con balizamento en Semana Santa. O Concello acordou coa empresa subministradora adiantar o servizo nos areais que tanto pola súa situación como pola afluencia de bañistas fosen susceptibles desta mellora na seguridade. Non se colocará a sinalización habitual con corcheras xa que non soportaría as condicións do mar, pero si se delimitará cunha liña de boias amarelas a zona de baño.

O alcalde, Telmo Martín, xa adiantara tras o tráxico suceso ocorrido a pasada Semana Santa na praia de Silgar na que faleceu Manuel Tábara, que había que tomar medidas para reforzar a seguridade fóra da tempada estival. "A seguridade nunca é total, pero cremos que en praias con tanta afluencia como estas se está bo tempo hai que adiantar servizos como estes", asegura Martín.