Reunión mañá coas asociacións de hostaleiros da cidade para avaliar o sistema de recollida ‘porta a porta’ na Cidade Histórica de Santiago
A representación dos hostaleiros deberá levar ao encontro as súas propostas de mellora por escrito co obxectivo de "perfeccionar o servizo para adaptalo as súas rutinas de traballo" explica a concelleira de Medio Ambiente.
Será mañá, logo dunha semana da posta en marcha do sistema de recollida de lixo ‘porta a porta’ para a hostalaría da Cidade Histórica, cando se reúnan Concello e hostaleiros para avaliar os primeiros días de funcionamento do novo servicio que pretende mellorar o tratamento de residuos urbanos. Na xuntanza participará tamén persoal técnico do departamento de Servizos do Concello e de Urbaser.