Representacións históricas, música na rúa e mercado na “gran celebración” da Reconquista de Vigo


 A Festa da Reconquista de Vigo deste ano 2023 ofrecerá oito días de actividades para todos os públicos, desde o sábado 25 de marzo ao domingo 2 de abril: “unha romaría urbana; unha romaría tradicional que funciona de forma excepcional. Vai ser unha gran celebración”, avanzou Abel Caballero durante a presentación en rolda de prensa da programación do evento.

A celebración comeza o sábado 25 de marzo cun concerto inaugural a cargo da Orquestra Xuvenil KV2211 na Concatedral e, pola tarde, a Praza do Berbés acolle a representación da destitución do alcalde Cairo, pro Napoleón, seguida de actuacións musicais. Na web oficial do Concello está disponible toda a información da festa.