Primeira programación do Arde Lucus Cultural como Festa de Interese Turístico Internacional

Lugo prepárase un ano máis para revivir o seu pasado romano a través do Arde Lvcvs e, “como antesala a unha festa, declarada de Interese Turístico Internacional presentamos, como paso previo a unha edición moi especial, máis de medio cento de actividades de inspiración romana e castrexa, deseñadas pola concellería de Xuventude e coa colaboración das 19 asociacións de recreación histórica da nosa cidade” explicaba a rexedora lucense.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, adiantaba que se trata dunha programación gratuíta, moi completa e pensada para tódolos públicos. E engadía que, “traballamos en alimentar a nosa recentemente declarada Festa de Interese Turístico Internacional con actividades, desde marzo ata xuño, para seguir facéndoa cada vez máis e máis atractiva”, matizaba ao tempo que agradecía a implicación ás asociacións e convidaba a toda a cidadanía a gozar deste Arde Lvcvs Cvltvral.