Ourense: "Amigos hasta la muerte"

 

O Teatro Principal de Ourense acolleu onte a estrea do filme "Amigos hasta la muerte", unha comedia romántica dirixida polo pontevedrés Javier Veiga co patrocinio da Deputación de Ourense.

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, interveu na presentación da película acompañado polo director do Agadic, Jacobo Sutil; o produtor e presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra; a actriz protagonista Marta Hazas e o propio director dunha longametraxe que xa é a primeira coprodución internacional da Deputación de Ourense, e que despois do seu paso polos cines estará en Amazon Prime.

"Este é un filme no que o protagonista é Ourense. O audiovisual é unha potente ferramenta de promoción da provincia que nos permite abrir unha ventá de oportunidades do noso territorio cara o exterior", salientou Manuel Baltar, quen definiu a película e o seu estreo en Ourense como "un novo éxito da estratexia do goberno provincial de apoio ao sector audiovisual, servindo este como un motor de desenvolvemento socioeconómico da provincia".