O xurado do cartel do Arde Lvcvs anula o cartel gañador tras detectar similitudes con outro e premia a obra ‘Fera Muliers”
A Concellería de Xuventude do Concello de Lugo reuniu esta mañá de novo ao xurado da elección do cartel do Arde Lvcvs 2023 tras detectarse que o gañador deste ano presentaba moitas similitudes con outro traballo que foi utilizado para anunciar outra festa de alcance nacional, polo que incumpría un dos criterios de valoración das bases publicadas, que esixía que se presentasen ao concurso só deseños orixinais.
Así, tras analizar as semellanzas, o xurado optou por anular o cartel gañador titulado ‘Lucus Ignis’, que foi presentado onte, e procedeu a unha nova selección entre as obras preseleccionadas.
Finalmente, procedeu a premiar o traballo de María Andrea Freire Parga, titulado ‘Fera Muliers’, no que, sinalou o concelleiro de Xuventude, Mauricio Repetto, “tanto a muller castrexa como a romana adquiren o papel protagonista”.