O voo entre Vigo e Londres terá tres frecuencias semanais

 

Vigo terá a partir do 28 de marzo conexión aérea directa con Londres. A Xunta de Goberno aprobará esta semana a adxudicación do contrato de promoción turística en destino a través da súa conectividade aérea directa con Londres. O Concello sacou a licitación o contrato por un importe de case 1,9 millóns de euros (anos 2023-2025).

Ryanair será a compañía que comezará a operar a ruta Vigo – Londres para a que xa ten a venda os billetes “moi asequibles”, dixo o rexedor. Tal e como estaban fixados os pregos do contrato, haberá tres frecuencias semanais en temporada alta. O aeroporto seleccionado pola empresa é Stansted, ao que voará os martes, xoves e sábados.