Galicia segue a perder peso no sector vinícola debido á sangría de adegas galegas que pasan a mans foránes. Nesta ocasión tocoulle turno a La Val, adega da D.O. Rías Baixas, localizada en Arentei, no concello de Salvaterra e na subzona do Condado do Tea. Foi adquirida pola Compañía Vinícola del Norte de España, CVNE.
O grupo rioxano, que suma así a súa oitava adega e entra no mundo do Albariño xa estaba presente na D.O. "Ca" Rioxa, D.O. Ribera del Duero, D.O. Valdeorras e na D.O. Cava.
Adegas La Val fundouse en 1985 no Rosal cunha leira á que debe o seu nome. La Val é unha adega histórica da zona, foi unha das pioneiras na elaboración de Albariño e impulsora da creación da Denominación de Orixe Rías Baixas en 1988.
Anos máis tarde, o seu crecemento posibilitou o seu traslado a Finca Arantei, en Salvaterra de Miño. Desde 2010, a administración e propiedade de La Val leva consolidando a compañía como unha das máis relevantes do sector en Rías Baixas, incorporando novos viñedos e elaborando viños moi apreciados entre os consumidores.