O Goberno de Vigo presentará a candidatura de Illas Cíes a Xeoparque Mundial da UNESCO

 

As Illas Cíes serán Xeoparque da Rede Mundial da UNESCO. Abel Caballero presentará a candidatura o venres 31 de marzo no Auditorio Mar de Vigo co obxectivo de lograr o este nomeamento e recoñecemento no ano 2024.

O alcalde enviou una carta á secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Pilar Cancela, anunciando a vontade do Concello de levar Cíes á próxima convocatoria. “É importantísimo. Un recoñecemento de ámbito mundial. En Galicia temos o xeoparque das Montañas do Courel e o proxecto de Cabo Ortegal. As Illas Cíes serán o terceiro Xeoparque Mundial da UNESCO”, declarou Caballero en rolda de prensa.

O rexedor lembrou que o goberno local traballa desde 2014 na candidatura de Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade, polo que as investigacións feitas ata o de agora serven para a nova candidatura aínda que tamén haberá que completar novos requirimentos. “Cumpriremos”, afirmou Caballero.