O Concello de Santiago agradece a implicación dos hostaleiros da améndoa no primeiro día de funcionamento da recollida porta a porta

 

A concelleira de Medio Ambiente de Santiago, Mila Castro, valorou positivamente o comezo do servizo de recollida porta a porta "que servirá para, a partir de agora, ir detectando elementos non previstos para corrixir e mellorar a iniciativa": "o obxectivo é chegar á tempada máis intensa, sobre todo de cara a Semana Santa, co sistema perfectamente operativo".

Sen incidencias no primeiro día de entrada do servizo, "ninguén quedou desatendido" explica Castro. Avanza ademais que na próxima semana haberá unha reunión coas asociacións de hostalaría para avaliar o inicio do servicio e corrixir posibles desaxustes para melloralo: "como dixemos, isto vai ser ensaio e erro, reunirémonos, analizaremos os primeiros días e, en base a isto, faremos as modificacións que sexan necesarias".