José Ramón Rodríguez Castellanos, novo presidente do C.R.D.O. Valdeorras


Os novos vogais electos que conforman o Pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras nomearon a José Ramón Rodríguez, vinculado á Bodega Joaquín Rebolledo S.A., como novo presidente da entidade. A sesión foi presidida por José Luis Cabarcos, director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) dependente da Consellería do Medio Rural.

Nado en 1978 na Rúa, o novo presidente do Consello Regulador, José Ramón Rodríguez Castellanos, está vinculado á Bodega Joaquín Rebolledo S.A., que codirixe dende o ano 2009. É unha das máis antigas e emblemáticas do territorio amparado.

Fillo e neto de viticultores, José Ramón Rodríguez conta cun Grado Superior de Música e posúe un Mestrado en Dirección de Empresas Agroalimentarias. Dende o ano 1999, é funcionario da Consellería de Educación e actualmente dá clases no IES 12 de Outubro de Ourense.