Constituido o pleno do novo consello regulador da indicación xeográfica (IX) Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, os vogais aprobaron por unanimidade que a presidencia fose asumida por José Antonio Feijóo Mateo e para a vicepresidencia a Viña Blanca del Salnés, SA, representada por Sonia Otero Padín.
Nos próximos días constituiranse os novos plenos dos consellos reguladores das denominacións de orixe protexida (DOP) Queixo Tetilla, Arzúa-Ulloa e San Simón da Costa; tamén das indicacións xeográficas protexidas (IXP) Carnes de Vacún de Galicia, Castaña de Galicia, Pataca de Galicia e Pan de Cea; así como as denominacións de orixe de Ribeira Sacra, Valdeorras, Monterrei, Ribeiro e Rías Baixas. Por último, tamén se constituirá o consello regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.